Monday 29 de April de 2024

Muxía recibe ao presidente da Deputación nunha xuntanza para artellar a estratexia a seguir nos vindeiros meses


Tratouse o futuro máis inmediato dos municipios da Costa da Morte e o plan a seguir para afrontar nas vindeiras datas
O Concello de Muxía recibiu hoxe ao presidiente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, ás 12.00 horas, nunha xuntanza para fixar a estratexia a seguir nos vindeiros meses.
Na xuntanza tratouse o futuro máis inmediato dos municipios da Costa da Morte e marcouse a folla de ruta a seguir nas vindeiras datas, co obxectivo de paliar os efectos da crise xerada pola Covid19.
No acto puxéronse enriba da mesa diversos temas nos que destacaron economía e turismo, principalmente.
O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía (Sala do Voluntariado) e na mesma participaron, ademais do alcalde de Muxía, Iago Toba, os rexedores/as dos concellos de Camariñas, Sandra Insua; Vimianzo, Mónica Rodríguez; Corcubión, Lalo Insua; Dumbría, José Manuel Pequeño; Fisterra, José Marcote; Vimianzo, Mónica Rodríguez e Zas, Manuel Muíño.
O alcalde, Iago Toba, quixo “agradecer ao presidente e a entidade provincial, así como aos meus homólgos na Costa da Morte, por acudir no día de hoxe a Muxía e poñer ao noso municipio como exemplo de xestión ante o Covid19”.
O rexedor muxián valorou “moi positivamente os temas tratados nesta reunión porque sentarán as bases para as actuacións nun futuro moi cercano no noso municipio e na Costa da Morte. É un privelexio que todos os rexidores e rexidoras estemos en tan estreito contacto porque iso permite un impulso, non só para o noso municipio, senón tamén para toda a contorna da Costa da Morte”.